DESPEDIMOS AS LIGAS ESPAÑOLAS DE O-PÉ, SPRINT, MTBO E RAIDS CO TRIUNFO DE MAR DELGADO NA CATEGORÍA ABSOLUTA EN MTBO E DO EQUIPO ENDURANCE EN RAID
A piques de rematar a tempada 2024, facemos un repaso dos resultados dos nosos deportistas a nivel nacional nos rankings das Ligas Españolas de Orientación a Pé, Sprint, MTBO e Raids de Aventura.
A Liga Española de MTBO, que finalizou o pasado 28 de setembro, estivo formada este ano por 13 probas. Destacamos o triunfo na categoría elite femenino da nosa deportista Mar Delgado (Club O Pasatempo Betanzos), así como a primeira e segunda posicións, respectivamente, de O Pasatempo Betanzos e do Club Orientación Compás na clasificación por clubs. Lía Rodríguez (Club Orientación Compás) tamén foi primeira en F15 e Sara Nogueras (Club Fluvial de Lugo) e Noa Rodríguez(Club Orientación Compás) primeira e segunda en F17. Sofía Martínez (Club Orientación Compás), Alicia Pérez (Club Raza Palleira) e Sonia Gómez (Club Orientación Compás) lograron asimesmo a medalla de ouro en F20E, F40 e F50, respectivamente; mentres que Paulina Mosquera (Club Gallaecia Raid) foi terceira en F50 e Luisa González (Club Gallaecia Raid) segunda en F60. Nas categorías masculinas, Aaron Rodríguez (Club O Pasatempo Betanzos) conseguiu o bronce en M15 e Anxo Somoza (Club Gallaecia Raid) rematou en primeira posición en M17, seguido de Mario López (Club O Pasatempo Betanzos). Nicolás López (Club Orientación Compás) logrou oprimeiro posto en M20 e Rodrigo Rodríguez (Club Orientación Compás) e David Casado (Club O Pasatempo Betanzos) fixeron o propio en M40 e en M50. Finalmente, Enrique Álvarez (Club Gallaecia Raid) foi terceiro en M50 e Francisco Varela (Club Orientación Compás) rematou en primeiro posto en M60.
En canto a Liga Española de Raids de Orientación e Aventura, formada por catro probas que remataron o pasado 9 de novembro, resaltamos o primeiro posto do equipo Endurance COCO en Elite, seguidos do Vivac Adventure Race. En Aventura Mixto o podio estivo integrado por catro equipos galegos: OP Betanzos-Compás Team, Raza Palleira Nigrán e Talleres Mingos- Pixeralia Vizhoja Cornelios; mentres que as gañadoras da categoría Xuvenil foron o conxunto Compasiñas.
A Liga Española de O-Pé finalizou o 8 de decembro co Campionato Ibérico Masculino e estivo composta por vinte probas. Lucía Parga (Club Aromon de Pontevedra) logrou entrar no top 10 na categoría elite femenino coa súa sexta posición, ao igual que Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra), que tamén entrou no top 10 co seu cuarto posto en M20E. Pola súa banda, Fermina Fernández (Club Fluvial de Lugo) e Ángel Álvarez Serto (Club Aromon de Pontevedra) foron terceiros en F65 e en M40.
Finalmente, no ranking da Liga Española de Sprint que se completou tamén o 8 de decembro cun total de sete probas, destacamos de novo o quinto posto de Lucía Parga en elite. Sara Nogueras (Club Fluvial de Lugo) foi segunda en F16 e Concepción González Bello (Club de Orientación Compás) recolleu o bronce en F55. Os terceiros postos en M50 e en M65 foron para Javier Liz e Pedro Parga (ambos do Club Fluvial de Lugo).
Aínda nos faltan por coñecer os resultados dos rankings das Ligas Españolas de US-Rogaining e Trail-O, esta última rematará o vindeiro 27 de decembro no Gran Canaria O-Meeting.
Parabéns a tod@s!