GALICIA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO DE EUROPA DE CARREIRAS DE AVENTURA
Este ano Galicia será o escenario do ARWS EUROPE CHAMPIONSHIP 2022, a final do Campionato de Europa de Carreiras de Aventura.
A proba disputarase os vindeiros 8 e 9 de outubro e tamén será a 4º carreira puntuable para a Liga Española de Raids de Aventura e a 5ª proba da Liga Galega de Raids de Orientación.
Os participantes deberán completar un total de 200 km divididos en tramos terrestres de BTT, trekking e rappel e partes acuáticas para kaiak, nun tempo máximo de 26 horas.
O percorrido, con sede na cidade coruñesa de Betanzos, atravesará as áreas costeiras, vales litorais e montañas interiores da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Máis información na web do evento e seguimiento en directo vía GPS en Track The Race.