Noticias

TECNIFICACIÓN O-PÉ en XERMADE (LUGO) próximo sábado 10 de xullo

Aproveitando o xeneroso ofrecemento por parte do Club Orientación Liceo de A Coruña dunha nova cartografía no Serrón do Lobo, na contorna de onde se celebrará o 1ª proba da Liga Galega de Trail-O (O-Precisión), activamos a convocatoria dos rapaces e rapazas que integran habitualmente o Grupo de Tecnificación da FEGADO.


Obxectivo. Traballar o rendemento deportivo de base, entendido como a etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa á participación en categorías absolutas e previas á absoluta.

Destinatarios. Principalmente deportistas en idade escolar que buscan, dende o ámbito formativo e competitivo, acadar un maior nivel deportivo. Necesariamente serán rapaces/as que xa progresen autónomamente en categorías oficiais (mínimo M/F-12).


Solicitudes. Enviar as solicitudes de participación para cada actividade, a través do responsable do club, á dirección de correo-e fegado.tecnificacion@gmail.com.Datos a facilitar NOME e APELIDOS | DATA de NACEMENTO | CONCELLO DE RESIDENCIA.

Prazo de inscrición: establecemos como límite o mércores 7 de xullo ás 22:00 horas].


FICHA DA ACTIVIDADE

Especialidade: Orientación a Pé (bosque)

Mapa: Serrón do Lobo (Concello de Xermade, Lugo).

Datas e horario: sábado 10 de xullo de 2021. Horario a confirmar en función do número de inscritos na 1ª Proba da Liga Galega de Trail-O. Podería ser en horario de mañá e/ou tarde.

Nivel técnico: nivel circuito permenente de iniciación (estarán habilitados 4 CPOs), nivel medio e nivel alto (estes últimos esixentes físicamente).

Prazas limitadas en cada grupo: si. Por orde de solicitude.

Grupos convocados: Grupo 1 (básico), grupo 2 (intermedio) e grupo 3 (perfeccionamento). Abrimos a convocatoria tamén á Escola de pequenos/as orientadores/as en participación (tutelada por adestrador/es en todo momento) de nenos/as que non progresan autónomamente. Idade mínima: 8 anos.

Participación de pais/nais ou acompañantes: non permitida.

Materiais individuais: compás, porta-descrición de controis, tarxeta SPORTident, funda plástica para mapas e máscara.

Protocolo COVID: Aplica o Protocolo FISICOVID-DXT GALEGO da FEGADO. Adestramento da especialidade de Orientación a Pé (bosque).

Información sobre os mapas. Mapas moi interesantes, con presencia de desniveis, transicións entre diferentes tipos de vexetación e pequenas zonas técnicas. Todo isto nunha espectacular paisaxe na cabeceira das Fragas do Eume. Os dereitos de explotación destes mapas están cedidos ao Concello de Xermade e ao Parque Eólico Sotavento, así que nos someteremos ás súas condicións de uso.

Animádevos a participar

Ganas, traballo, talento !