Noticias

Galicia, segunda federación con máis participantes na 2ª Proba da LEMTBO2019

Un total de 18 orientadores galegos desprazáronse a pasada fin de semana ata Ricote (Murcia) a máis de 900 km da nosa comunidade autónoma para participar na 2ª Proba de Liga Española de MTBO I Trofeo Malvariche MTBO.

Sendo así a segunda comunidade autónoma con máis participantes, só por detrás da anfitriona, a Rexión de Murcia, a delegación galega trouxo para casa uns destacables resultados que auguran un bo Campionatode España de MTBO, que se celebra en Córdoba a partir do 18 de maio.

A competición abría coa distancia media, na que Ángel García (Brigantia) gañaba o ouro e se impoñía a ciclorientadores da talla de Davide Machado, deportista luso medallista no Campionato do Mundo. Pola súa parte, Mar Delgado (OPBZ) remataba en 2ª posición nunha proba dominada pola catalana Mònica Aguilera. En M17, Nicolás González (OPBZ) gañaba a proba mentres que Javier López (Fluvial) era 3º. En M40, Rodrigo Iván Rodríguez(Fluvial) era 3º e por último Pedro Parga (Fluvial) gañaba a proba en M60.

No sprint, enmarcado na localidade de Ricote, Ángel García lograba a prata. Por outra banda, en M17 Nicolás González repetía o triunfo da mañá mentres que Pablo Fernández (Fluvial) lograba o seu primeiro podio da fin de semana coa 3ª posición. En M40, Javier Liz (Fluvial) impoñíase aos seus compañeiros e gañaba a proba mentres que Pedro Parga repetía posición de podio, mais esta vez no 2ª caixón.

Na distancia larga, Ángel García era 2ª mentres que Mar Delgado lograba o bronce na categoría feminina. En M17, os orientadores do club Fluvial, Pablo Fernández e Javier López conquistaban o 2º e o 3º posto respectivamente. En F-40, Yolanda García (Gallaecia Raid) impoñíase ás súas contrincantes mentres que en M40 Rodrigo Iván Rodríguez e Javier Liz, ambos do Fluvial, eran 1º e 2º. Pechamos tamén cos podios dos orientadores dofluvial, Carlos Ferández 3º en M21 e Pedro Parga 2º en M60.

Na clasificación xeral Galicia lograba as dúas pratas na categoría élite, Mar Delgado e Ángel García. En M17, Javier López e Pablo Fernández eran 2º e 3º respectivamente tras o erro en tarxeta de Nicolás López, quen gañara as dúas primeiras probas. En M21 Carlos Fernández lograba a prata mentres que José Manuel Fernández Souto facía o mesmo en M40. Por último, Pedro Parga conquistaba a clasificación xeral en M60.

Podedes consultar aquí os resultados completos.