Noticias

Activación da fase de PRESELECCIÓN de rapaces/as para formar parte da Selección Galega no Campionato de España en Idade Escolar de Orientación por Seleccións Autonómicas (CESA 2022). Antequera (Málaga) do 30 de abril ao 2 de maio de 2022.

Unha vez iniciadas respectivas fases provinciais dos Campionatos Escolares de Orientación a Pé e convocado o Campionato Galego Escolar de Orientación a Pé para o 23 de abril de 2022 no Monte Gaiás (Santiago de Compostela, A Coruña), activamos o proceso de selección para o CESA 2022 establecido no Programa Xeral para Seleccións Galegas e do Proxecto Deportivo de Orientación a Pé 2022.

Nesta primeira aproximación, procedemos a publicar a relación de deportistas federados/as PRESELECCIONADOS/AS, así como o número de prazas vacantes (tamén para formar partes desta preselección) vinculadas aos podios do Campionato Galego Escolar, que poderán ser ocupadas tanto por federados/as como por escolares.


Os/as preseleccionados/as optarán a unha das 24 prazas dispoñibles para as categorías infantil (8), cadete (8) e xuvenil (8) e así representar á Selección Galega no CESA 2022 de Antequera (Málaga) do 30 de abril ao 2 de maio de 2022 .

O orzamento (aprobado na Asamblea Xeral do 16 de decembro de 2022) para o concepto "CAMPEONATOS DE ESPAÑA EN EDAD ESCOLAR POR SELECCIONES AUTONOMICAS(CESA) CONVOCADOS POR EL CSD" é de 8.580,00 euros. Podes consultalo na sección CONTABILIDADE (Presupuesto FEGADO 2022) da pestaña TRANSPARENCIA.

31/03/2022 Correxida errata de omisión do deportista Martín Casado Núñez (Infantil Masculino)