Noticias

PROCESO ELECTORAL FEGADO 2022 - CENSO INICIAL

Como primeiro paso do proceso electoral 2022 para a elección dos membros da Asemblea Xeral e Presidente que rexeran a Federación nos vindeiros 4 anos, publícase o censo electoral inicial.

Como indica a normativa vixente, nos dous primeiros meses do ano 2022, as Federacións elaborarán un censo electoral inicial por cada estamento e especialidade (se existen), por clubs, deportistas, técnicos e árbitros e, se e o caso, outros colectivos previstos nos seus estatutos.

Este censo inicial será exposto publicamente no taboleiro de anuncios da federación, así como na páxina web da federación na sección denominada «procesos electorais», durante catorce días hábiles para os efectos de que as posibles persoas electoras poidan presentar aclaracións, rectificacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo, mediante escrito remitido á xunta directiva (info@fegado.es), que valorará os escritos presentados e procederá, se é o caso, á emenda ou corrección do censo electoral inicial no prazo de cinco días hábiles.

Neste prazo, as entidades deportivas poderán solicitar que figure como representante delas no censo e como votante na elección de membros da asemblea xeral unha persoa distinta á presidencia, sempre que sexa membro da xunta directiva da entidade, condición que deberá acreditar mediante certificado expedido polo Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.