COMUNICADO de aprazamento do I RAID BRIGANTIA CONCELLO DA CORUÑA
COMUNICADO
APRAZAMENTO DO I RAID BRIGANTIA CONCELLO DA CORUÑA
Debido á actual situación sanitaria con motivo da crise do coronavirus, seguindo as recomendacións e medidas adoptadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e de conformidade coas instruccións da Xunta de Galicia, Federación Galega de Orientación e Concello da Coruña no día de onte e hoxe, o I RAID BRIGANTIA CONCELLO DA CORUÑA, que ía celebrarse o 28 de marzo, queda aprazado para vindeiras datas a concretar por ditas administracións e entidades organizadoras.
Grazas a todas as persoas pola vosa comprensión e esperamos que estas medidas sirvan para conter e superar canto antes a crise sanitaria e non para alarmar máis se cabe nestos días de incertidume.
CLUB BRIGANTIA AVENTURA