Noticias

CATRO DEPORTISTAS DA FEGADO REPRESENTARÁN A ESPAÑA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE MTBO 2022

A Dirección Técnica da FEDO publicou o pasado 5 de maio a convocatoria dos equipos absoluto, junior e xuvenil que formarán parte da Selección Española no Campionato de Europa de MTBO 2022 (EMTBOC), que se celebrará en Lituania do 18 ao 22 de maio.

Entre os deportistas seleccionados destacamos aos nosos orientadores Ángel García (Club Brigantia Aventura) e Juan José Sancosmed (Club Orientación Coruña), ambos integrantes do equipo absoluto; e Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid) e Sofía Martínez (Club Orientación Compás), os dous na categoría xuvenil.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a todo o equipo!


Achégase o enlace á web do evento.

Adxuntos