ENTREGA DE PREMIOS DA LIGA ESPAÑOLA 2021
O pasado sábado 5 de febreiro, coincidindo coa primeira proba da Liga Española de O-Pé 2022 - XI Premi d'Orientació de la Comunitat Valenciana Villa de Ibi 2022, celebrouse a Gala FEDO 2021. Neste evento entregáronse os premios correspondentes ás Ligas Españolas de O-Pé e Sprint 2021, tanto individuais como por clubs.
Na Liga Española de Orientación a Pé a nosa deportista Lucía Parga (Club Fluvial de Lugo) recolleu a medalla de bronce en FE, mentres que a prata en M40 foi para Ángel A. Serto (Club Aromon de Pontevedra).
En canto á Liga Española de Sprint, Sonia Gómez Naya (Club de Orientación Compás) e Ángel A. Serto (Club Aromon de Pontevedra) proclamáronse campións en F45 e M40, respectivamente.
Ademais a FEDO fixo entrega dunha serie de mencións especiais, entre as que se atopaban o premio ao noso deportista Javier Arufe, por participar na elaboración do proxecto MAPANT; e o premio do logo gañador de "Deporte Inclusivo" ás nosas orientadoras Sescún Sevil e Alba Grimaldi.
Dende a FEGADO trasladamos os parabéns aos nos@s deportistas.
Achégase o enlace á web da FEDO onde podedes atopar as fotos do evento e máis información.