OS EQUIPOS GALEGOS COMPLETARON OS PODIUMS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE RAIDS DE AVENTURA E ORIENTACIÓN 2024
A pasada fin de semana a provincia de Huesca recibiu o Pyrene Raid, que foi o Campionato de España de Raids de Aventura e Orientación 2024 (CERA) e tamén puntuable para as Series Europeas (ARES).
A proba, organizada polo Club Peña Guara, reuinu a un total de 90 equipos e máis de 300 deportistas procedentes de varios países europeos.
Os equipos de elite enforntáronse a un percorrido de case 190 km e 8.000m de desnivel polo espectacular Val do Tena, en Pirineos. Nun máximo de 30h non-stop, completaron seccións de trekking, BTT, kaiak, orientación específica e probas especiais (barranco, rápel e tiro láser).
Na categoría elite tres equipos con integrantes galegos completaron o podium: o Endurance COCO (Juan José Sancosmed, Borja Varela, Sofía García e Jesús Bermejo) proclamouse Campión de España, seguido do Team Keltoi (Marcos Varela, Felipe Peña, Mónica Aguilera e Juan Carlos Carballo) e en terceiro lugar o Fluvial Lugo Xesteiras (Alberto Corral, Luisa Felpeto, Tono Abal), empatados co conxunto Saltamontes.
En Aventura os tres primeiros postos tamén foron para equipos da FEGADO: o Raza Palleira (Xoel Chamorro, Jennie Borgesson e Alfonso Gallo) recolleu o ouro, seguido do OP Betanzos- Compás Team (Mª Esther Barreira, Roberto Chas e Francisco López) e en terceira posición o Raza Palleira Nigrán (Alicia Pérez, Adrián Pérez e Alejandro Marín).
Dende a FEGADO trasladamos os parabés a tod@s!
Os resultados completos pódense consultar aquí.