Noticias

MAR DELGADO PROCLAMOUSE ESTE SÁBADO CAMPIOA DE ESPAÑA DE US-MTBO EN ELITE FEMININO

O pasado sábado 12 a localidade de Villamalea (Albacete) acolleu o Campionato de España de Ultrascore MTBO, organizado polo BMT Casas de Ves e puntuable para o ranking nacional.

Os deportistas debían completar un percorrido en formato score nun tempo límite máximo de 6 horas, no caso das categorías absolutas.

A nosa orientadora Mar Delgado (Club O Pasatempo Betanzos) proclamouse Campioa de España na categoría Elite Feminina. Pola súa banda, Mario López (tamén do Club O Pasatempo) e Lía Rodríguez (Club Orientación Compás) foron terceiros M17 e F17, respectivamente. Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid), Juan Combarro (Club O Pasatempo Betanzos) e Francisco Varela (Club Orientación Compás) conseguiron o ouro en M20, M40 e M60. Na categoría F20 Sofía Martínez e Noa Rodríguez (ambas do Club de Orientación Compás) remataron en segunda e terceira posición e en F50 Sonia Gómez (Club de Orientación Compás) proclamouse campioa e María Esther Barreira (Club O Pasatempo Betanzos) subcampioa. Por último, Diana Alvaredo (Club O Pasatempo) foi primeira en F21.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s!

Resultados completos aquí