MURCIA RECIBIU A PASADA FIN DE SEMANA O 37º TROFEO INTERNACIONAL COSTA CÁLIDA
Murcia acolleu a pasada fin de semana o 37º Trofeo Internacional Murcia Costa Cálida, que incluíu a 2ª e 3ª probas da Liga Española de O-Pé, ambas puntuables tamén para o ranking internacional (WRE), e a 1ª proba da tempada da Liga Española de Sprint. O evento congregou a máis de 1600 orientadoras e orientadores de todo o mundo e estivo ao cargo da Federación de Orientación da Región de Murcia (FORM),.
A competición oficial comezou o sábado coa longa distancia, puntuable para o ranking nacional e internacional nas categorías élite. Pola tarde disputouse o sprint e o domingo o evento despediuse coa distancia media, válida tamén para os dous rankings.
Destacamos os resultados obtidos por Iván Somoza (Club Gallaecia Raid), que conseguiu o ouro no sprint e foi o segundo español clasificado na distancia media, en ambos casos na categoría M50; así como a segunda posición de Concepción González (Club de Orientación Compás) no sprint en F55 a nivel de ranking nacional.
Parabéns a tod@s!
Os resultados completos están dispoñibles neste enlace.