Noticias

Aprazada a 14ª proba da Liga Galega de OPé - Monte Iroite

Debido á situación de alerta amarela con previsión de ventos racheados de máis de 80 km/hora e choivas persistentes na zona para o día de mañá, no club ADC Arnela decidimos aprazar a proba. Despois de facer unha valoración na tarde de hoxe sobre o terreo, consideramos que as condicións non son axeitadas para o desenrolo da proba xa que hai zonas moi expostas ó estar situada a zona por encima dos 600 metros sobre o nivel do mar e habendo alerta laranxa na zona de costa das Rías Baixas. Detectamos a caída de ramas e árbores secas nestes días que nos fan pensar que mañá tamén poden chegar a producirse en maior medida. Lamentamos moito ter que darvos esta noticia, pero sabemos que nos intentaredes comprender e que o facemos polo ben de todos os orientadores. Temos a esperanza de poder retomala esta mesma tempada se é posible xa que os preparativos están feitos. Teredes novas en breve.

Evento relacionado

14ª Proba da Liga Galega de Orientación a Pé - Monte Iroite