Noticias

A SELECCIÓN GALEGA DE MTBO COMPITE ESTA FIN DE SEMANA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA EN SEVILLA

Esta fin de semana, @s integrantes da Selección Galega de MTBO desprázanse a Pueble del Río (Sevilla) para competir no Campionato de España de MTBO 2023, organizado polo club Montellano-O e a Federación Andaluza de Orientación.

O Campionato constará de tres probas: o sábado 6 de maio en horario de mañá disputarase a Distancia Media e pola tarde será o Sprint. A Longa Distancia clausurará o evento o domingo 7.

A pasada tempada Galicia proclamouse Campioa de España de MTBO por oitavo ano consecutivo, polo que a empresa galega Marmar Outdoor sufragará os custos das inscripcións ao CEMTBO2023 dos membros da Selección Galega un ano máis. Este premio aprobouse na Asemblea FEDO 2020, trala proposta do Club Orientación Liceo de A Coruña, e seguirá vixente para a vindeira tempada.

A información do evento está dispoñible na súa páxina web e os resultados en directo pódense seguir aquí. Ademais, as probas serán retransmitidas na canle de YouTube da FEDO e tamén haberá seguimento GPS da proba.

Enviámosvos moita sorte a tod@s para proclamarnos Campións de España un ano máis!!!