10 representantes galegos na Asemblea FEDO
O pasado sábado 19 de setembro, celebránbase as Eleccións FEDO á súa Asemblea para o ciclo 2020-2024. Galicia conseguiu unha representación inédita no órgano federativo con dez asentos.
Ademais dos clubs APA Liceo, Ártabros, AROMON e Fluvial de Lugo, e da propia federación, cinco persoas máis terán representación. Dunha banda, Ángel García (Brigantia) no estamento de deportistas de alto nivel, así como Francisco Gómez Cobas (Ártabros) como xuíz controlador de raid. Nos estamentos de deportistas, Javier Arufe (APA Liceo), representará o conxunto de MTBO e Alberto Arufe (APA Liceo) xunto a Ángel A. Serto (Aromon) representarán a O-Pé.
Dende a FEGADO, celebramos os resultados, agradecemos o voto e desexamos sorte aos electos nas súas funcións.