Noticias

MÁLAGA RECIBIU ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO DE ESPAÑA ESCOLAR DE ORIENTACIÓN

A provincia de Málaga acolleu a pasada fin de semana o Campionato de España Escolar de Orientación (CESA), baixo a organización da Federación Andaluza de Orientación (FADO) e do club COMA.

Os nosos deportistas infantís, cadetes e xuvenís desprazáronse ata Andalucía para competir nas catro probas puntuables do evento. O sábado 30 pola mañá disputouse a distancia media e o día completouse cun sprint pola tarde. O domingo 1 de maio, despois da distancia longa, celebrouse o Festival das Comunidades e a competición despediuse o luns 2 coas remudas mixtas.

Sofía Martínez (Club Orientación Compás) conseguiu a medalla de bronce no sprint na categoría Xuvenil Feminino e Sara Nogueras (Club Fluvial de Lugo) foi a subcampioa na distancia longa en Infantil Feminino.

Parbéns a todo o equipo!


No enlace adxunto pódese acceder aos resultados completos, ás fotos do evento, ao O-Track e ver de novo a retransmisión en streaming.

Adxuntos