Noticias

SPRINT BUDIÑORAID CANCELADO

Comunicamos que por razóns alleas á vontade do club organizador as dúas probas de SPRINT proxectadas no calendario oficial de FEGADO para o día 29 de xuño, tiveron que ser CANCELADAS.

Na asemblea do pasado día 26 acordouse aceptar a proposta do club Peña Trevinca de incluir no calendario unha nova proba de Sprint coincidindo coa celebración do Campionato Galego de distancia media en novembro.

Informaremos debidamente no momento en que podamos confirmar a celebración da devandita proba

No caso contrario o Campionato de Sprint quedaría reducido a unha sóa proba.