SOFÍA MARTÍNEZ E MARCOS SILVARREY REPRESENTARÁN A ESPAÑA NO CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR DE MTBO
A Federación Española de Orientación publicou o pasado domingo a lista de integrantes da Selección Española de MTBO Senior e Junior que representarán a España no Campionato do Mundo de MTBO 2023. A competición celebrarase na República Checa do 18 ao 27 de agosto.
Os nosos deportistas Sofía Martínez Gómez (Club Orientación Compás) e Marcos Silvarrey Oreiro (Club Gallaecia Raid) formarán parte do equipo Junior.
Parabéns aos dous e moita sorte!