XORNADAS DE TECNIFICACIÓN NOS 5 DÍAS DE ESPAÑA (CUENCA)
No proxecto Deportivo de O-Pé 2021 (un proxecto que quedaba aberto a novidades debido á incertidume provocada pola crise do covid-19) sinalábase a idea de facer cos nos@s rapaces/as do grupo de tecnificación 4 actividades dunha tarde coincidindo coas probas da Liga de O-Pé de Abadín, Forgoselo, A Limia e Pontevedra.
Ademáis, sinalábase a importancia de facer, como en anos anteriores, algunha actividade de convivencia, si ben, non se programou debido á situación da pandemia existente a fináis de 2020 cando se redactou o proxecto, deixando aberta a posibilidade de programala dependendo da evolución da situación.
Dada a situación actual, na que estamos asistindo ao relaxamento das medidas anti-covid pola boa marcha da situación sanitaria, a Xunta Directiva de Fegado, reunida o día 14 de xuño, decidiu programar esas xornadas de TECNIFICACIÓN para os 5 DÍAS DE ESPAÑA (Cuenca) do 25 ao 29 de agosto.
Debido a que (aínda que a situación mellora) seguimos tendo que atender ao protocolo FISICOVID-DXTGALEGO, a Federación NON CONTRATARÁ AUTOBÚS para o transporte NIN ALOXAMENTO para os participantes, recomendando que se despracen e se aloxen en grupos de convivintes ou grupos burbulla. A partida orzamentaria destinada a tal actividade repartirase en forma de DIETAS AOS NENOS E NENAS DO GRUPO DE TECNIFICACIÓN que se inscriban nas probas dos 5 días de España, ASÍ COMO AOS MONITORES/AS do devandito grupo.