Noticias

CONVOCATORIA AXUDAS DGAN 2022

Esta convocatoria conta nesta ocasión con nove tipos de axudas, segundo os resultados deportivos que tiverades acadado durante o ano 2021 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores).

Publícanse as bases desta convocatoria, que están tamén a disposición pública na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal .

A destacar, en todo caso, que o prazo de presentación de solicitudes comeza o 08 de outubro e rematará o vindeiro luns 24 de outubro de 2022.

Ademais, recordámosvos que, do mesmo xeito que na anterior edición, poderedes:

  • Solicitar axuda todas aquelas persoas deportistas que estén ou estiveran recoñecidas pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2021 e/ou 2022 (aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento).

  • Cursar a solicitude de axuda de forma telemática, ademais de manter a liña tradicional de presentación presencial en formato papel. Teredes á vosa disposición os formularios normalizados (anexos I e II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Podense utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A (que estará dispoñible a partir do 08 de outubro).

  • Presentar a solicitude en formato papel en calquera rexistro oficial polo que se poida achegar documentación ás Administracións Públicas, tal e como se indica no apartado 5 das bases.

  • Remitir únicamente cuberto o anexo I de Solicitude e, se fora o caso, o anexo II de Autorización de representación (menores de idade ou outros casos de representación legal).