Noticias

CEMTBO 2021 | FEGADO SUFRAGARÁ O CUSTO DUN TEST DE ANTÍXENOS A TODOS OS/AS INSCRITOS/AS

Aínda que a especialidade de MTBO non está considerada como "deporte de contacto" e polo tanto non se esixe a realización de test de serolóxicas ou probas similares previas á competición, consideramos que tras analizar a situación epidemiolóxica é recomendable reforzar a seguridade de todos/as os/as deportistas inscritos no Campionato de España MTBO 2021.

A Consellería de Sanidade na ORDE do 30 de setembro de 2020 establece que para as especialidades que poidan implicar contacto (insistimos en que non é o caso da MTBO), que os test serolóxicos ou probas similares deben facerse en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da competición.

A FEGADO aposta por sufragar o custo dun (1) test de antíxenos (autodiagnóstico). Cada deportista debe mercalo na súa farmacia máis próxima e conservar o ticket (estimación de entre 7 e 10 euros por cada proba) para poder acreditar a súa compra. Achegaremos máis información en próximas datas sobre cómo solicitar o reembolso.

Recomendamos facer o test antes de emprender a viaxe e preferentemente nas 24 horas previas á competición.

Recordade que se o test é positivo, teñas ou non síntomas, deberás autoconfinarte e contactar co SERGAS no 900 400 116.

Tamén deberás notificalo inmediatamente ao Coordinador Covid do teu club se tes participado nalgún adestramento ou competición deportiva federada no mes previo.

Cribados como alternativa. Recordamos que tamén existe na actualidade a posibilidade de realizar cribados a través do SERGAS, según franxas de idade, na zona de Coruña, Pontevedra e outras. Máis info en https://coronavirus.sergas.gal/cribado/