BURGOS ACOLLEU A PASADA FIN DE SEMANA DÚAS PROBAS DA LIGA ESPAÑOLA DE ORIENTACIÓN
A provincia de Burgos acolleu o pasado sábado 23 de setembro o II Trofeo Valle del Arlanza, que incluía dúas probas da Liga Española de Orientación: o Campionato de España de US MTBO e a 4ª proba da Liga Española de Ultrascore-Rogaining.
No Campionato de España de US MTBO, Juan Combarro (OP Betanzos) proclamouse subcampión en M-Senior, mentres que a medalla de bronce en F- Senior foi para Mar Delgado (OP Betanzos). Por outra banda, as nosas orientadoras Lía Rodríguez e Noa Rodríguez (ambas do Club Orientación Compás) proclamáronse campioas en F15 e F17, respectivamente; Anxo Somoza (Club Gallaecia Raid) e Fernanda Follana (Club Fluvial de Lugo) tamén recolleron o ouro en M17 e en F50 e Rodrigo Rodríguez (Club Orientación Compás) foi 3º en M40.
En canto aos resultados da proba de Ultrascore- Rogaining, o equipo Raza Palleira (Antonio Domínguez e Xoel Chamorro) logrou o cuarto posto en Senior Masculino.
Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s @s deportistas e agradecemos a organización do Club TJalve.
Os resultados completos da proba de US- MTBO están dispoñibles aquí, mentres que os de Ultrascore- Rogaining pódense consutar aquí.