Noticias

SUSPENSION DA PROBA DA LIGA GALEGA DE O-PÉ – CAMPIONATO GALEGO DE LONGA DISTANCIA – 2ª PROBA DA LIGA

Dende o Club O Pasatempo, comunicamos a suspensión da PROBA DA LIGA GALEGA DE O-PÉ - CAMPIONATO GALEGO DE LONGA DISTANCIA ? 2ª PROBA DA LIGA Interrexional Galicia /Norte de Portugal, prevista para o vindeiro sábado 21 de novembro. Os motivos debatidos e consensuados no seno do Club son os seguintes:

- O novo Real Decreto que establece o estado de alarma, do BOE do 25 de outubro que, entre outras cousas, restrinxe a movilidade e as reunións de xente e que sumase o estado de Calamidade decretado en Portugal, polo que condiciona tanto a participación, o control da xuntanza de participantes e acompañantes, a movilidade dende outras comunidades e/ou países e a posibilidade de que a organización poida desenvolver, cumprindo a normativa, o evento.

- Non podemos garantir, a día de hoxe, a celebración, pois a evolución dos feitos non anima a pensar nunha millora.

- Consideramos un pouco frívolo levar adiante o evento, aínda que a normativa o permitirá, vendo a situación a vivir por moita xente que está a sufrir, gravemente, polas restricións decretadas.

Para o Club a decisión e difícil, pois tiñamos todo preparado e suponnos unha perda de tempo, esforzo e diñeiro. Por outra banda queremos poñer o noso graniño de area para a solución deste problema e non complicar máis a situación actual. Seguro que volvemos, coa axuda de tod@s, a disfrutar do noso deporte. Non perdemos a ilusión e esta Proba sairá adiante, con toda seguridade, cando todo se normalice.

Procederemos a devolución dos importes pagados de inscripción. Para facilitarnos este trámite necesitamos o seguinte:

Clubes

-Enviar mail a clubopasatempo@gmail.com co nome d@/s deportirtas importe pagado, data de pagamento e o número de conta a ingresar (non se fará devolución individual a un deportista federado nun Club)

Deportistas Individuais

*Agradecemos, polos gastos de transferencias, que, no caso de coñecer ou formar parte dalgún grupo. Solicite un/unha a devolución de varios persoas para repartir entre el@s.

-Enviar mail a clubopasatempo@gmail.com co nome d@/s deportirtas, importe pagado, data de pagamento e o número de conta a ingresar.