Noticias

CATRO ORIENTADORES GALEGOS PARTICIPARON NAS PROBAS DE SELECCIÓN PARA O EYOC

Esta fin de semana @s nos@s orientadores/as Eva Casado, Nicolás López (ambos do Club O Pasatempo de Betanzos), Xián Novoa e Mateo Rodríguez (os dous do Club Aromon de Pontevedra) viaxaron a Barbate (Cádiz) co obxectivo de participar nas terceiras probas de selección para o Campionato de Europa Xuvenil-Cadete de O-pé 2021 (EYOC), que este ano se celebrará en Vilnius (Lituania) do 19 ao 22 de agosto.

O sábado 3 competiron na distancia sprint en Caños de Meca, unha carreira que mesturaba zonas urbanas con áreas de dunas, onde foi fundamental a toma de decisións rápidas.Tras a charla de "autoconfianza e xestión do estrés na carreira" impartida por Amanda Pons, disputouse a distancia media no Pinar de la Breña, un área de dunas próximas ao mar con transicións entre zonas de moita visibilidade con outras de vexetación densa, sendo imprescindible a lectura de curva de nivel e o manexo do compás. Por último, o domingo 4 foi a distancia longa, que tamén se celebrou no Pinar de la Breña.

Agradecemos á Federación Española de Orientación, á Federación Andaluza de Orientación, ao Club Fundi-O e ao Club Sun-O a organización destas probas.


Achégase o enlace á nova da FEDO, no que podedes consultar os resultados completos e os boletíns.

Adxuntos