Noticias

CUARTO POSTO PARA GALICIA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRAIL-O

O pasado sábado 19 de xuño, 5 orientadores/as da FEGADO desprazáronse ata Rota (Cádiz) para competir no Campionato de España de Trail-O, organizado polo Club Fundi-O.

A proba desenvolveuse no Pinar de la Almadraba, que conta cunha extensa rede de pasarelas e de zonas con microrelevo, polo que os percorridos caracterizáronse por unha elevada esixencia técnica.

Destacamos a novena posición do deportista José Antonio Castrillón (Chechu), do Club de Orientación Liceo de A Coruña, na categoría Open- Élite. Ademais, coa suma dos puntos de tod@s @s participantes da FEGADO, Galicia conseguiu a cuarta posición por comunidades autónomas.

Parabéns a tod@s! Vémonos o 10 de xullo en Xermade na primeira proba da Liga Galega de Trail-O!

Achegamos o enlace á páxina web da organización, onde podedes consultar os resultados completos, boletíns e máis información sobre esta modalidade do noso deporte.

Adxuntos