Actualización da LISTAXE de PERSOAS DEPORTISTAS da FEGADO recoñecidas no ámbito do DEPORTE DE ALTO NIVEL pola XUNTA DE GALICIA e CSD
Actualizamos a 3 de outubro a relación de persoas deportistas que teñen algún tipo de recoñecemento oficial no ámbito do deporte de alto nivel na modalidade deportiva da orientación:
a) 33 persoas deportistas con recoñecemento autonómico por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte a proposta a Secretaría Xeral para O Deporte (SXD):
- 28 DEPORTISTAS DE ALTO NIVEL
- 3 DEPORTISTAS DE ALTO RENDEMENTO
- 2 DEPORTISTAS DE RENDEMENTO DEPORTIVO DE BASE
b) 7 persoas deportistas únicas con recoñecemento estatal do Consejo Superior de Deportes (CSD):
- 2 DEPORTISTAS DE ALTO NIVEL (DAN)
- 6 DEPORTISTAS DE ALTO RENDEMENTO (DAR)
A información e normativa actualízase periódicamente na nosa web no espazo TRANSPARENCIA + DEPORTISTAS DE ALTO NIVEL, onde podes consultar documentación e táboas dos Criterios Técnico-Deportivos que regulan o recoñecemento a nivel autonómico.
Animámoste a que solicites ou actualices o recoñecemento aos teus méritos deportivos. Calquera dúbida podes resolvela na conta direcciontecnica@fegado.es