MATEO RODRÍGUEZ PARTICIPOU ESTA FIN DE SEMANA NAS PROBAS DE SELECCIÓN PARA O CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR DE O-PÉ
A pasada fin de semana Mateo Rodríguez, do Club Aromon de Pontevedra, participou nas primeiras probas de selección para representar a España no Campionato do Mundo Junior de O-Pé (JWOC), que este 2021 se celebrará en Turquía do 5 ao 10 de setembro.
Estas probas desenvolvéronse preto do Pirineo catalán. O sábado 26 de xuño pola mañá disputouse a media distancia na localidade francesa de Les Artigues, mentres que o mesmo día pola tarde o noso orientador competiu na distancia sprint que tivo lugar en Bellver de Cerdanya (Lleida). Por último, o domingo 27 de xuño @s deportistas enfrontáronse á distancia longa en La Quillane (Francia).
As próximas citas de selección serán o 17 e 18 de xullo en Urbasa (Navarra) e Legutio (País Vasco).
Agradecemos á Federación Española de Orientación, Federació de Curses d'Orientació de Catalunya e ao Club Xinoxano Orientació o traballo realizado na organización deste evento.
Para máis información, achegamos o enlace á nova da FEDO, no que podedes consultar o boletín e os resultados das tres probas.