Fran Costoya gaña a primeira proba da Liga Española de Orientación de OBM
O fin de semana do 15 de marzo celebrouse na localidade madrileña de Navalcarnero a primeira proba da Liga Española de OBM consistente en dúas carreiras (distancia longa e media).
Este evento conseguiu reunir a unha gran cantidade de participantes, incluida toda a selección nacional de OBM, dado que entra para o ranking polo cal se decide a participación no Mundial de Polonia.
O corredor da FEGADO Fran Costoya acadou a victoria con autoridade nas dúas distancias nuns mapas que esixían un gran nivel físico e concentración donde o máis mínimo erro costaba moi caro.
Despois desta proba encabeza o ranking nacional sendo o próximo obxetivo o Campionato de Europa de Raids en Turquía xunto co seu equipo o Adventure Addicts Buff.
Dende a FEGADO queremos darlle a noraboa por este gran resultado e desexarlle moita sorte no resto de competicións nacionais e internacionais.
Dispoñedes dos resultados completos na web da FEDO.