TRACKTHERACE ADVENTURE TEAM: SÉTIMO DO MUNDO NO CAMPIONATO DE RAIDS DE AVENTURA
Entre os pasados 19 e 27 de outubro, Sudáfrica acolleu o Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura, que contou coa participación demáis de 100 equipos de 33 países diferentes, entre os que se atopaban tres equipos con representación galega: o Tracktherace Adventure Team (integrado por Adrián Moreira, Marcos Muíño, David Senra e Mariana Pontes), Endurance Team (J Sancosmed, Borja Varela, Tono Abal e Misty Weyer) e Keltoi (Felipe Peña, Pablo López, Marcos Varela e Mónica Aguilera).
O equipo Tracktherace Adventure Team, proclamouse sétimo domundo neste Campionato, tras completar máis de 900km en 144h de carreira.
Os participantes enfrontáronse a un duro percorrido non-stop, dividido en dez seccións de trekking, kaiak, BTT e rapel: S1 trekking (56km, +1328m), S2 BTT (181km, +2421m), S3 trekking e rápel (80km, +3112m), S4 trekking (10km +90m), S5 kaiak (65km), S6 trekking (3km), S7 BTT (224km, +2390m), S8 trekking (64km, +1500m), S9 BTT (124km, +2800m), S10 trekking (32km, +500m).
Dende a FEGADO trasladamos os parabéns ao equipo!!!
Toda a información, vídeos e fotos do evento están dispoñibles aquí