III Raid Concello de Cariño. NOTA INFORMATIVA
O vindeiro día 18 de marzo terá lugar o III Raid de Orientación Concello de Cariño, 1ª proba da Liga Galega de Raids 2017 e organizada polo Club Brigantia Aventura.
Unha vez máis, unha das probas especiais será un rappel vertical, na que os participantes porán a proba os seus coñecementos sobre esta materia.
Para elo deberán, ademáis de demostrar coñecementos, poñer a disposición da ORGANIZACIÓN o material técnico requerido para esa proba antes da saída da mesma, tanto para comprobación do seu estado como de coñecemento de uso do mesmo.
Dende a ORGANIZACIÓN queremos dar unha recomendación de seguridade para tratar de evitar futuros percances, tanto nesta como en outras probas.
O material de rappel, escalada, barrancos, etc., debería ser persoal e intransferible, xa que do seu estado e o noso coñecemento de uso do mesmo dependerá a nosa seguridade.
Tanto o uso inadecuado do mesmo cando o deixamos, como o desuso e descoido do mesmo, produce deterioro e danos que nós non apreciamos a simple vista e que non garantizan o seu estado óptimo.
Da mesma maneira que melloramos o material deportivo que non redunda na nosa seguridade (btt, zapatillas, chubasqueiros, cortaventos, etc) deberiamos prestar especial atención a aquel material do que SI dependerá a nosa seguridade como:
ARNÉS, MOSQUETÓNS, CABO DE ANCLAXE e APARATO DESCENSOR.
Por todo isto valora que este material esté da túa man, sea propio e coñezas tanto o seu estado como as técnicas adecuadas para o seu uso, con formación e adestramentos específicos.
Grazas pola tua atención.