Noticias

NICOLÁS LÓPEZ LOGRA UN DIPLOMA NO SPRINT DO CAMPIONATO DE EUROPA DE MTBO A PASADA SEMANA EN LITUANIA

A Selección Española de MTBO competiu entre os pasados 15-18 de maio no Campionato de Europa (EMTBOC), celebrado en Vilna (Lituania).

Entre os integrantes do equipo nacional, atopábanse os nosos deportistas Kike Chousa (do Club de Orientación Compás) na categoría absoluta; Marcos Silvarrey (do Club Gallaecia Raid), Nicolás López e Sofía Martínez (ambos do Club de Orientación Compás), en junior; e Lía Rodríguez (tamén do Club de Orientación Compás), no equipo xuvenil.

Entre os resultados, destacamos o diploma logrado por Nicolás López pola súa sexta posición no sprint.

Completaron o campionato unha proba de mass start, unha de distancia media e unhas remudas, nas que o equipo Junior feminino (Sofía Martínez, Alba Muñoz y Marta Villa) rozou de novo o diploma coa súa 7ª posición

Dende a FEGADO enviamos os parabéns a todo o equipo!

Os resultados completos e todos os detalles están dispoñibles aquí