Noticias

TECNIFICACIÓN O-PÉ tempada 2022. Primeira actividade para a rapazada en Coirós (A Coruña) na tarde do sábado 12 de febreiro.

A través da presente noticia queremos facer dúas cousas. Por un lado elaborar unha listaxe dos nenos e nenas que queren formar parte do Proxecto de Tecnificación e Alto Rendemento ao longo da tempada 2022. Polo outro, concretar a rapazada que asistirá á primeira actividade en Coirós (A Coruña) na tarde do sábado 12 de febreiro inmediatamente despois da 3ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé.


a) Inscrición nas listas TECNIFICACIÓNO-PÉ 2022. Para poder asistir ás diferentes actividades de tecnificación que están progamadas no Proxecto Deportivo de Orientación a Pé durante 2022, envía a túa solicitude a través da persoa responsable do teu club á conta de correo fegado.tecnificacion@gmail.com

b) Inscrición na tecnificación do sábado 12 de febreiro en Coirós (A Coruña) na tarde en horario de 15:30 a 17:30 horas. Actividade gratuita. Monitor@s FEGADO. Confirma se queres participar nesta actividade a través da persoa responsable do teu club na conta de correo fegado.tecnificacion@gmail.com. DATA LÍMITE para a CONFIRMACIÓN: mércores 9 de febreiro ás 23:50 horas.


Obxectivos tecnificación O-PÉ tempada 2022. Valoramos positivamente a tecnificación en mapas e terreos distintos, así como importancia de facer equipo entre as/os nosas/os xóvenes para sentar a base da orientación galega do futuro.

Requisitos. Ter licencia federativa de tempada en vigor, expedida a través dun club galego. Compromiso de participación e de continuidade, na medida do posible, nas tecnificacións programadas.

Grupos de tecnificación. Actividades orientadas ao rendemento deportivo de base, entendido como a etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa á participación en categorías absolutas e anteriores á absoluta. Persoas destinatarias. Rapaces e rapazas que xa "progresan autonomamente" en probas oficias (mínimo nas categorías M/F 12). Por decisión técnica se asignarán ao Grupo 1 (básico), Grupo 2 (intermedio) ou Grupo 3 (perfeccionamento).


Escola de Pequen@s Orientador@s. Na medida do posible (dispoñibilidade de monitor@s e número de inscrit@s) convidamos a formar parte das listaxes da tempada 2022 a nenos e nenas que "non progresen autonomamente" para así participar nas actividades da Escola de Pequen@s Orientador@s.


Calendario do Proxecto Deportivo O-Pé 2022:

12 FEBREIRO Coirós (A Coruña).

26 FEBREIRO Xermade (Lugo).

28 MAIO Ordes (A Coruña).

11 XUÑO Tomiño-Vilanova (Pontevedra).

CAMPUS DE VERÁN Navarra-Soria finais xullo/ppos. agosto (*)

17 SETEMBRO Goente (A Coruña).

1 OUTUBRO A Limia (Ourense).

(*) se a situación sanitaria o permite