Noticias

Dous deportistas galegos na Selección Española de MTBO

Dende este xoves, Pablo Fernández (Fluvial de Lugo) e Ángel García (Brigantia) participan no Campionato de Europa Xuvenil e Copa do Mundo Senior que se celebran de forma paralela en Alemaña. Ambos deportistas forman parte da selección nacional que dirixe a, tamén galega, Ana Varela.

A competición comezará este xoves coa proba media, restando para os seguintes días de competición as probas de longa distancia, remudas e sprint. Unha vez máis, Galicia ten representación na Selección Española de MTBO, unha disciplina sen dúbidas con futuro na nosa comunidade. Nos arquivos axuntos, atoparedes o programa do campionato, difundido pola Federación Española e mais unha fotografía do conxunto nacional nos adestramentos previos á competición.Parabéns pola selección e sorte na competición!