Noticias

Triunfo galego no Campionato de España de Raid

A pasada fin de semana Aínsa (Huesca) acollía o Campionato de España de Raid, cita clave da modalidade a nivel nacional. Nunha fin de semana de esixente competición, alcanzando os 170 quilómetros de percorrido, o podium da categoría élite foi conquistado por 3 equipos galegos.

En primeira posición, o conxunto Marqués de Vizhoja - Cornelios - Brigantia lograba o ouro, mentres que a prata era recollida polo Fluvial de Lugo - Os Barbas. O equipo AROMON - Gramola quedou en segunda posición mais sen poder optar ó título por non ser equipo mixto.

Parabéns!

Adxuntos