Noticias

FINALIZA A LIGA ESPAÑOLA DE ROGAINE CO I ROGAINE DE LAS HURDES

A Liga Española de Rogaine despediuse o pasado sábado 19 de novembro en Cáceres co I Rogaine de las Hurdes. Varios equipos galegos desprazáronse ata Extremadura para competir neste evento.

O conxunto Aromon de Vagar (Luisa Sánchez, Mónica Figueroa e Rosiña Paredes) logrou a medalla de prata en veteranas feminino e o Gallaecia Raid Aventura-Consa (María Esther Barreira e Roberto Chas) tamén rematou en segunda posición en veteranos mixto. Finalmente, en veteranos masculino o bronce foi para o equipo Club Fluvial Lugo- @s castrex@s (Diego Indalecio e José Manuel Nogueras).

A FEGADO traslada os parabéns a todos os participantes e agradece ao Club Alcor e á FEXO a organización da proba


Máis información e resultados na web do evento.