Noticias

EXCELENTES RESULTADOS PARA A SELECCIÓN NACIONAL NO CAMPIONATO DE EUROPA DE MTBO

Finaliza o Campionato de Europa de MTBO (EMTBOC) con dúas medallas e cinco diplomas para os deportistas da Selección Española, da que formaron parte cinco orientadores da FEGADO.

O noso deportista Nicolás López (do Club Orientación Compás) proclamouse subcampión de Europa junior no sprint do xoves 30, a tan só 21 segundos de acadar o ouro. Ademais, na distancia media do sábado conseguiu un diploma coa súa sexta posición.

O evento despediuse este domingo coa proba de remudas, na que o equipo xuvenil formado polo noso orientador Anxo Somoza (Club Gallaeica Raid) e os seus compañeiros Joan Montes e Abel Merchán logrou un diploma pola súa quinta praza. Tamén conseguiron dous diplomas máis por rematar en quinta posición os equipos junior masculino e feminino, integrados polos deportistas galegos do Club Orientación Compás Nicolás López (xunto con Fran Cortés e Juan Pedro Fernández) e Sofía Martínez (compañeira de Alba Muñoz e June García).

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s @s deportistas da Selección!