Publicado o Boletín final da 3ª e 4ª probas da Liga Galega de MTBO
Publícase o Boletín final da 3ª e 4ª probas da Liga Galega de MTBO.
Contén unha novidade importante, xa que imos a poñer pre-saídas nas dúas probas (5 minutos para a Distancia Media e 10 minutos no Sprint) atendendo á necesidade de facer correctamente o control de temperatura e triaxe dos participantes.
Tamén se recomenda non mover o coche do aparcadoiro entre as dúas probas para ir a comer xa que pode haber menos sitio onde aparcar pola tarde.