CONCENTRACIÓN DOS ASPIRANTES Á SELECCIÓN NACIONAL JUNIOR E SENIOR DE O-PÉ NA COMUNIDADE VALENCIANA
A pasada fin de semana, os aspirantes ás Seleccións Nacionais de O-Pé Junior e Senior realizaron unha concentración en Alcoi e Bocairente (Comunidade Valenciana) organizada pola FEDO, na que participou a nosa orientadora Lucía Parga (Club Aromon de Pontevedra).
O obxectivo destes adestramentos era preparar a 1ª Copa do Mundo que se celebrará en Suecia do 25-29 de maio e o Campionato do Mundo Sprint que terá lugar en Dinamarca do 26 ao 30 de xuño.
Os deportistas realizaron un primeiro adestramento de intervalos, o sábado desputaron un Knock Out que constaba de catro probas e o domingo a concentración despediuse cunhas remudas mixtas. Ademais, impartiuse unha charla sobre nutrición deportiva e outra sobre cómo afrontar un WOC (Campionato do Mundo Absoluto).
Achégase un enlace á plataforma Livelox, onde se poden consultar os percorridos das distintas probas, e outro á nova da FEDO, dende a que se poden acceder aos resultados.
https://www.fedo.org/web/ultimas-noticias/5246-los-equipos-nacionales-de-o-pie-preparan-la-temporada-2022
https://www.livelox.com/?tab=allEvents