Noticias

Actualización do ranking de O-Pé e de MTBO

14/11/2017. Advertido un erro nas puntuacións da última proba de O-Pé en dous corredores de M-35 (Eduardo González e Iván Somoza), actualízase o ranking.

Publícanse os rankings actualizados tanto de O-Pé como de MTBO, cos resultados da proba que tivo lugar en Forgoselo (A Coruña) o día 11 de novembro. Con esta proba queda rematado o calendario de O-Pé; o de MTBO xa o estaba.

Achégase tamén o listado completo de resultados por cada proba, para que cada un poida comprobar por si mesmo o posto e puntuación acadado. En amarelo os datos que non poden contar para o ranking. Hai dúas razóns principais para aparecer con esa cor: non pertencer a un club FEGADO ou ben ter participado en máis dunha categoría (en amarelo o resultado descartado)