CANADÁ RECIBE OS PRÓXIMOS DÍAS O CAMPIONATO DO MUNDO DE CARREIRAS DE AVENTURA
A localidade Canadiense de Penticton acolle este 2025 o Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura (ARWC polas súas siglas en Inglés), no que participarán 60 equipos representando 25 países de todo o mundo.
Entre os deportistas, atópanse catro orientadores galegos. Marcos Varela, Felipe Peña e Juan Carlos Vázquez correrán xunto con Mónica Aguilera no equipo Keltoi e Adrian Moreira formará parte do Expenature.FR con Mariana Pontes, Guillame Habouzit e Romuald Viale.
A proba comezará o 25 de setembro ás 7:00 hora local (16:00 en España). Os equipos terán un máximo de 9 días para completar máis de 750 km en autosuficiencia divididos en 15 seccións de trekking, orientación, BTT, kaiak e cordas.
Dende Galicia seguiremos con interese a proba e desexamos boa sorte aos nosos deportistas.
Toda a información da proba está dispoñible neste enlace. Ademais, pódese seguir aos equipos en directo vía GPS.