Noticias

MÁIS DE 1800 DEPORTISTAS DÉRONSE CITA ESTA FIN DE SEMANA NO XXXV TROFEO COSTA CÁLIDA

A pasada fin de semana, a localidade murciana de Cehegín acolleu o 35º Trofeo Internacional Murcia Costa Cálida, que reuniu a máis de 1.800 orientadores e orientadoras de todo o mundo, entre os que se atopaban algúns deportistas da FEGADO.

O campionato foi puntuable para a Liga Española de Orientación a Pé e Sprint e tamén para o ranking mundial (WRE).

Na proba de distancia longa, Sonia Arias (do Club Aromon de Pontevedra) foi a terceira española clasificada en F45. Iván Somoza (do Club Gallaecia Raid) logrou o ouro no sprint e rematou como segundo español na distancia media, conseguindo a terceira posición a nivel nacional na clasificación global en M45.

Paralelamente, crelebrouse o Campionato Nacional Militar de Orientación 2023, no que o noso orientador Maikel Rodríguez (Club VigOrienta) proclamouse campión na distancia media.

Parabéns a tod@s!


Na web do evento pódense consultar máis información e os resultados completos están dispoñibles aquí