Noticias

IVÁN SOMOZA LOGRA O BRONCE NO SPRINT DO CAMPIONATO DO MUNDO DE VETERANOS DE ORIENTACIÓN A PÉ

Dende o pasado venres 8 de agosto estase celebrando en Girona o Campionato do Mundo de Veteranos de Orientación a Pé 2025 (WMOC), que reúne a máis de 3.000 orientadores e orientadoras de entre 35 e 100 anos de todo o mundo.

O evento comezou o sábado 9 coa clasificatoria do sprint e continuou o domingo coa final, na que Iván Somoza (Gallaecia Raid) logrou o bronce na categoría M50.

Este martes 12 celébrase a clasificación de bosque e o mércores 13 e venres 15 disputaranse as finais da media distancia e da distancia longa, respectivamente.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns ao noso orientador e enviamos moita sorte a todo o equipo para as competicións que quedan por diante!