Noticias

NOVAS CATEGORÍAS O-PÉ e SPRINT 2025: cousas que tódolos clubs e deportistas deben saber á hora de inscribirse

A tempada 2025 que arrinca en apenas unha semana trae consigo cambios importantes no Regulamento e nas Normas Anuais.

Á hora de inscribirte a través da web, ten en conta que hai novidades nas categorías. É importante que escollas a máis axeitada ás túas capacidades técnicas e físicas. Novidades:

  • Cambian as denominacións dasc ategorías absolutas E e F-E, que pasan a chamarse SENIOR e F-SENIOR.
  • Redúcense o número de categorías veteranas:
Desaparecen M/F-40, absorbidas dentro de M/F-35.
Desaparecen M/F-50, absorbidas dentro de M/F-45.
Desaparecen M/F-60, absorbidas dentro de M/F-55.
  • Desaparecen as categorías M/F-21B, absorbidas ben dentro das novas denominacións M/F-21 (elimínase a letra A), ou ben na categoría INICIACIÓN LONGA para persoas con pouca experiencia.

Se tes dúbidas consulta á persoa responsable do teu club. Ten en conta que cambiar de categoría ao longo do ano pode afectar ao teu ranking individual.

No 2025 temos varios eventos de Liga Nacional O-Pé en Galicia. Algunhas categorías serán compatibles de cara á puntuación no ranking da Ligas Galegas O-Pé e Sprint 2025, pero outras non terán equivalencia.

Tes máis información no documento adxunto.