Noticias

[IMPORTANTE CLUBS] ELABORACIÓN DO CALENDARIO OFICIAL FEGADO 2024

En cumprimento do mandato da Asemblea Xeral de 3 de decembro de 2022, a Xunta Directiva da FEGADO asume encomenda de "estruturar un calendario anual coordinado, e que ofreza aos organizadores datas dispoñibles nas que asentar as súas probas".

A coordinación estará a cargo da persoa colaboradora en materia de CALENDARIO, posto para o que a Xunta Directiva ven de nomear a Fran Varela Lorenzo (Club COMPÁS), deportista cunha amplia perspectiva e experiencia nas especialidades de O-Pé, MTBO e RAID, e que traballará conxuntamente coa Dirección Técnica.

Son coñecidas as datas das Probas Especiais FEDO correspondentes ao calendario 2024, aprobadas na Asemblea Xeral FEDO de 04/06/2022 [ver CALENDARIO FEDO 2024].

Meta: deseñar un mellor CALENDARIO OFICIAL FEGADO 2024 do que o primeiro borrador, e por tanto a solicitude de probas por parte das organizacións, deberá aprobarse na Asemblea Xeral programada en Ourense para o 11 de xuño de 2023.

Obxectivos:

- Promover unha distribución anual equilibrada que ofrezca unha continuidade de calendario para as persoas federadas. Evitar a acumulación de probas dunha mesma especialidade en pequenos espazos temporais.

- Identificar datas clave para a preparación dos principais eventos estatais. Probas de Liga Galega en mapas de calidade. Tecnificacións estratéxicas.

- Estudiar cómo incentivar a organización de probas: fomentar que os clubs pequenos seasocien para organizar eventos; rol que deben desempeñar as persoas físicas ou xurídicas respecto dos clubs, rotacións das diferentes organizacións en datas con alta e baixa participación (inicio e fin de tempada), discriminación xeográfica (Galicia interior) etc.

- Evitar que os Campionatos Galegos sexan as primeiras probas da tempada.

- Evitar que a coincidencia de eventos autonómicos e estatais reste participación nas nosas probasdas nosas mellores persoas deportistas (exemplo: autonómico escolar e CEMTBO2022).

- Compatibilidade do calendario coas concentracións e probas de selección FEDO. Compatibilidade respecto dos calendarios internacionais. Atención especial sobre os DAN/DGAN/DGAR.

- Reflexionar sobre o futuro: debemos establecer un nº máximo de probas, deben ter todas as probas un mesmo factor de puntuación? Ten sentido unha Liga ou debemos apostar por diferentes eventos especiais illados? Probas oficiais e non oficiais.

Mesa de traballo: activaremos un grupo de traballo no que necesariamente estarán representados os organizadores que contempla o noso regulamento (entidades deportivas ou personas físicas ou xurídicas), as diferentes vogalías e tamén as persoas deportistas de alto nivel/alto rendemento.

Enviade propostas e solicitudes de participación na mesa de traballo: calendario@fegado.es