Noticias

CTO. GALEGO DE REMUDAS

Aberto o prazo de inscrición para o Campionato Galego de Remudas que se celebrará o día 12 de decembro no CUVI (Vigo-Pontevedra).

Lembrade:

-Obrigatoria a inscrición pola intranet de FEGADO como é habitual para tódalas carreiras da Liga. O responsable de cada club, ademáis, debe descargar o formulario de equipos de relevos a disposición na páxina do evento, e cumplimentalo axeitadamente para envialo a ori@aromon.es dentro do prazo de inscrición.

-Os corredores non federados só poderán competir nas categorías de iniciación, que non constitúen unha carreira de remudas senón individual. A inscrición xestionarase igualmente pola intranet da FEGADO debendo rexistrarse previamente se non o tiveran feito con anterioridade.

Remate do prazo de inscricións: MARTES 8 - 12 -2015 ás 22:00h

Evento relacionado

Campionato GALEGO de REMUDAS