Noticias

PARTICIPACIÓN GALEGA NA PRIMEIRA PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DE ROGAINE

O pasado sábado 6 de marzo, 23 dos nos@s orientadores/as desprazáronse a Extremadura para competir na primeira proba da Liga Española de Rogaine (II Rogaine del Tajo Internacional), obtendo uns fantásticos resultados. Entre os catro primeiros postos, podemos destacar aos seguintes equipos:

- Aromon Cota Cero, 1º posto na categoría Absoluta Masculina.

- Fluvial Lugo- Os Barbas, 2º posto na categoría Absoluta Mixta.

- Fluvial Lugo- @s Castrex@s, 4º posto na categoría Absoluta Mixta.

- Aromon Píllaras, 4º posto na categoría Veterana Feminina.

- Aromon- CRO, 4º posto na categoría Veterana Mixta.

Noraboa a tod@s!

Para máis información, achegamos unha foto e o enlace aos resultados do evento.