Noticias

ÁNGEL GARCÍA FORMARÁ PARTE DA SELECCIÓN ESPAÑOLA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE MTBO

Ángel García García, do Club Brigantia Aventura, foi seleccionado polos seus resultados a nivel nacional para representar a España no que será o seu sétimo Campionato do Mundo de MTBO. Este 2021 o evento celebrarase en Kuortane (Finlandia) entre o 10 e o 18 de xuño.

O noso orientador enfrontarase a unha Mass Start, un Sprint, unha proba de distancia Media, outra de distancia Longa e por último, unhas remudas.

Dende a FEGADO dámoslle os parabéns e desexámoslle moita sorte!!!


Achegamos o enlace á web da FEDO, no que podedes consultar a páxina oficial do evento e o resto dos integrantes do equipo nacional, así como os resultados en directo o día da proba.