SELECCIÓN GALEGA para o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRAIL-O (CETO) 5 e 6 de outubro | Córdoba
Procedemos a publicar a Selección Galega que disputará o Campionato de España de Trail-O na categoría OPEN en dous formatos: PRE-O e PRE-O Sprint. Celébrase os vindeiros 5 e 6 de outubro en Córdoba nos parques de La Asomadilla e El Patriarca.
Estaremos moi ben representados por dúas persoas deportistas con contrastada experiencia. Cabe destacar que Anxo Somoza foi convidado polos seus méritos deportivos pola FEDO neste 2024 á Concentración Trail-O de Madrid preparatoria para o Campionato de Europa de Trail-O (ETOC 2024).
Aproveitamos a noticia para incentivar a participación neste tipo de competicións posto que na FEGADO contamos con deportistas de moita calidade e necesitamos puntuar con ata 4 persoas de cara ao Campionato de España de TRAIL-O por Comunidades Autónomas. Traballaremos para conseguilo.
Moita precisión... e moita sorte !