Noticias

Curso de SportIdent na Coruña

O pasado 27 de xullo Javier Arufe e Natalia Pedre impartiron un Curso de iniciación ao SportIdent, no que se formaron 9 futuros técnicos.

Grazas ás instalacións cedidas polo club S.M Ártabros, 7 homes e 2 mulleres adquiriron os coñecementos necesarios para poder cronometrar unha proba de orientación. Por clubs os máis numeroso foi Gallaecia con catro alumnos, seguido de S.M Ártabros con dous, mentres que APA Liceo e Trevinca formaron un técnico cada un.

Parabéns ós futuros técnicos e o noso agradacemento ao profesorado e á S.M Ártabros por ceder as instalacións.

Adxuntos