GALEG@S NAS PROBAS DE SELECCIÓN PARA O MUNDIAL ABSOLUTO E EUROPEO DE CADETE E XUVENIL
A pasada fin de semana, @s nos@s orientadores/as Eva Casado, Nicolás López, Mario López (os tres do Club O Pasatempo de Betanzos), Lucía Parga (do Club Fluvial de Lugo), Xián Novoa, Xoel Chamorro e Brais Piñeiro (todos do Club Aromon de Pontevedra), participaron na primeira proba de selección para representar a España no Campionato do Mundo Absoluto e no Campionato de Europa Cadete e Xuvenil de O-pé.
O evento disputouse nos Pinares de Soria e consistiu nunha proba de distancia Media, outra de distancia Longa e un Sprint, nas que @s nos@s deportistas conseguiron moi bos resutlados.
Para máis información, achegamos o enlace á noticia da FEDO, onde podedes consultar o boletín e os resultados.